|
CHARLA LEI DE DEPENDENCIA |
|
|
|
venres, 06 xullo 2007 |
Unha veintena de persoas asistiron á charla sobre a Lei de Dependencia que se celebrou hoxe ás 5 da tarde no antigo local de Caixa Galicia de Gontán. A finalidade desta charla foi dar a coñecer a nova normativa que ten como beneficiarias as persoas dependentes.
A ponencia levouna a cabo a socióloga Trini Lorenzo que é membra do grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña.
Esta actividade informativa foi organizada polo Punto de Información á Muller (PIM) do Concello de Abadín.
|