|
O ALBERGUE DE PEREGRINOS ABRE AS SÚAS PORTAS |
|
|
|
mércores, 20 xuño 2007 |
|
Hoxe ás 13:00 h. inaugurouse oficialmente, en Gontán, o Albergue de Pereginos que ofrecerá un completo servizo ás peregrinas e peregrinos que realicen o Camiño Norte de Santiago e decidan facer unha parada no concello.
Deste xeito, o Concello de Abadín mostra o seu grande interese por ofrecer un bo servizo a aqueles que veñan coñecer o concello e o seu entorno.
O acto foi protagonizado polo Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez, e o alcalde do Concello de Abadín, José María López Rancaño. Ó mesmo tamén acudiron membros da Corporación Municipal, veciñas e veciños do concello.

|