|
mércores, 23 maio 2007 |
O Concello de Abadín, coa organización do Curso de Benestar Animal, convírtese nun dos primeiros de Galicia en formar ós gandeiros en materia de trato ó animal.
O curso tivo un grande éxito de asistencia, un total de 30 alumnos e alumnas, debido ó interese dos gandeiros e gandeiras por coñecer máis detalladamente a importante normativa vixente neste ámbito.
Esta acción formativa, que se iniciara o pasado 23 de abril, puxo o seu punto final o 16 de maio mediante un acto de clausura na que se fixo a entrega de diplomas. O grado de satisfación dos participantes foi moi alto xa que adquiriron coñecementos moi útiles para a o traballo diario.
|