|
ABADÍN CAMIÑO DAS ESTRELAS |
|
|
|
luns, 21 maio 2007 |
|
A noite abadinense do pasado 18 de maio foi alumeada por grandes estrelas da música actual. Os artistas encargados de facer disfrutar ás veciñas e veciños do concello de Abadín e doutros muncipios da Terra Chá foron Raúl, Son Pasión de Gavilanes e Rocío Caamaño.
Para completar o evento, os espectadores puideron disfrutar da posta en escea de bailarines que tiñan un grande repertorio de pases que foron do agrado do público alí concentrado.
O evento, organizado polo Concello de Abadín e patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo e a empresa Norvento, foi presenciado por centos de persoas que disfrutaron dunha noite na que a música e o baile foron os protagonistas.

|