|
XORNADA DE PROCURA DE EMPREGO EN INTERNET |
|
|
|
luns, 19 marzo 2007 |
|
O próximo venres, 23 de marzo, ás 12:00 h., levarase a cabo no antigo local de Caixa Galicia de Gontán unha xornada na que se tratarán as claves principais na procura de emprego en Internet.
Ós/ás asistentes á xornada entregaráselles unha documentación na que se explicará, dunha maneira moi clara e sinxela, os puntos claves para unha procura de emprego eficiente. Esta xornada está orientada a aqueles/as traballadores/as que queiran mellorar as condicións do seu actual emprego e a aqueles/as traballadores/as desempregados/as que o estean a procurar.
Para aqueles/as que estean interesados/as poden confirmar a súa asistencia no teléfono 982 50 80 21 en horario de oficina (Roberto).
|