|
FANOI ABRE AS PORTAS DO SEU TELECENTRO |
|
|
|
mércores, 14 marzo 2007 |
|
Onte, 13 de marzo, inaugurouse oficialmente o Telecentro de Fanoi á cal foron invitados todos os veciños da parroquia.
Os veciños poderán disfrutar dun servizo de equipos informáticos, financiados polo Concello, que lles permitirá realizar traballos, cursos e tramitacións administrativas mediante Internet. Durante o acto de apertura realizaronse unhas demostracións prácticas do seu funcionamento que os veciños acolleron cun grande interese.
|