Inicio > Servizos Sociais > Asistencia Social
xoves, 09 febreiro 2012
ASISTENCIA SOCIAL PDF Imprimir
mércores, 07 marzo 2007
Programa de orientación, asesoramento e información.

Ten por obxecto informar, asesorar e orientar ós cidadáns, grupos e á comunidade en xeral sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servicios sociais, e dos procedementos que hai que seguir para o seu exercicio.

Tramítanse, entre outras, as seguintes prestacións:
- Renda de Integración Social de Galicia.
- Emerxencia social
- Axudas non periódicas para persoas con discapacidade e persoas maiores
- Axudas periódicas de prevención e apoio ás familias para a integración do menor.
- Pensións non contributivas de invalidez e xubilación
- Ingreso en residencia
- Estadías temporais en residencias públicas
- Cheque asistencial
- Turismo social
- Termalismo social
- Xuntos no Nadal
- Vacacións para persoas maiores do IMSERSO
- Teleasistencia
- Título de familia numerosa
- Recoñecemento grao minusvalidez
- Teleasistencia
- Acollemento familiar
- Derivación de casos aos servizos especializados

Programa de axuda no fogar.
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ós cidadáns no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñen limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización.

HORARIOS ATENCIÓN Ó PÚBLICO:
Luns e mércores de 9:00 a 14:00 h.

 
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin