|
luns, 07 novembro 2011 |
|
Un ano máis celebrouse a bicentenaria Feira de Santos na praza da feira de Gontán. A xornada estivo caracterizada pola importante afluencia de xente e do número de postos de venta a pesar da cambiante climatoloxía.
O Concello de Abadín segue a apostar polas feiras tradicionais como ben puideron comprobar os visitantes á Feira de Santos xa que puideron ver os recén estrenados “stands” de madeira que formarán parte, a partir de agora, do mobiliario da nave acristalada, así como, o cerramento de madeira da nave de gando.
A hora punta da xornada volveuse a producir a partir das 14:00 h. coa entrega de premios ós gandeiros que trouxeron o mellor gando bovino e equino.
Esta xornada, onde se mezcla perfectamente a tradición e o comercio, pechouse á noite coa actuación festiva amenizada por unha orquesta musical.
|