|
luns, 19 setembro 2011 |
|
O pasado sábado 17 de setembro tivo lugar un xantar popular organizado polo Concello de Abadín. Centos de abadinenses acudiron área recreativa de A Roxica, en Gontán, a disfrutar dunha exquisita paella de marisco, un sabroso lacón en salsa e, como postre, requesón fresco. Este encontro permitiu ós comensais poder ollar en primeira persoa unha área recreativa recentemente remodelada xa que actualmente pódense atopar espazos diferenciados para a práctica do deporte, zona de xogos para os máis pequenos e novas zonas onde poder pasear e tomar unha merenda.
A xornada estivo amenizada polo dúo musical Los Satélites que foi do agrado dos alí presentes que se animaron a bailar unhas pezas musicais.
|