|
BAIXADA DE CARRILANAS 2011 |
|
|
|
luns, 18 xullo 2011 |
|
Un ano máis tivo lugar a Baixada de Carrilanas en Abadín organizada pola Asociación de Baixada de Carrilanas “A Corda” e o Concello de Abadín. A esta exitosa 10ª edición celebrada o pasado sábado, puntuable para o Campionato Galaico-Portugués, inscribíronse un total de 44 carrilanas provintes, incluso, máis alá da fronteira galega. A tarde de emocións culminou coa entrega dos premios ós máis veloces e a aqueles de maior orixinalidade e mellor deseño.
|