|
GRAN XORNADA DE CONFRATERNIDADE |
|
|
|
martes, 24 agosto 2010 |
|
O Concello de Abadín organizou o pasado sábado unha completa xornada de ocio na área recreativa de Gontán. O día comezou ás 13:30 h. coa popular sardiñada anual que reuniu, baixo unha gran carpa, a numerosos abadinenses que aproveitaron un día plenamente veraniego. Ao mesmo tempo que degustaban a e charlaban puideron disfrutar dunha actuación de maxia ao ritmo de música que foi do agrado dos comensais. Despois da comida que se alargou ata ben avanzada a tarde tería lugar ás 22:30 h. un espectáculo de luces e lume levada a cabo por David Fernández Rivera.
 O broche final tería lugar ás 23:45 h. cunha brillante actuación da cantante Lucía Pérez e a maxistral actuación do célebre dúo Cómplices. A música, as voces e o son ofrecidas por estes artistas foron dunha calidade suprema que foi recoñecida polos veciños e veciñas de Abadín.
|