Inicio > Parroquias
xoves, 09 febreiro 2012
PARROQUIAS PDF Imprimir

Labrada, San Pedro de
Parroquia delimitada ao norte co Cadramón (O Valadouro) e Pereiro (Alfoz), ao sur con Castromaior, Fanoi e Romariz, ao leste con Figueras, Mondoñedo e Romariz, e ao oeste coa Costa, Corvelle (Vilalba) e Montouto. Os documentos máis antigos nos que se cita a parroquia refírense ao 1407 cando o bispo de Mondoñedo, Álvarez Núñez de Isorna, lle arrendou a Nuño Freire varios coutos da súa xurisdición, entre eles Labrada. Ten 28 entidades de poboación e 372 habitantes. A densidade media era en 1991 de 6´4 hab/km2.

Moncelos, Santa María de
Limita ao norte coas freguesías de Baroncelle e Corvite; ao sur con Goás; ao leste con Graña e Vilarente e ao oeste con Árbol. Pertence ao arciprestado de Baroncelle e compóñena 10 entidades de poboación. Ten 324 habitantes e unha densidade media en 1991 de 37´2 hab/km2.

Montouto, Santa María de
Esta parroquia limita ao norte coas freguesías de Labrada e Silán, ao sur coa Costa, ao leste con Labrada e ao oeste co Burgo. Pertence ao arciprestado de San Simón e ten 10 entidades de poboación con 125 veciños, cunha densidade media de 12´5 hab/km2 en 1991.

Quende, Santiago de
Limita ao norte con Romariz e Sasdónigas, ao sur con Loboso, ao leste con Sasdónigas e Galgao, e ao sur con Romariz, Fanoi, Fraiás e Abadín. Pertenceu á antiga Mestrescola de Mondoñedo e era freguesía de entrada de provisión ordinaria. A vila de Quende foi posesión do mosteiro de Lourenzá. O seu arciprestado é Mondoñedo, ten 10 entidades de poboación e 282 habitantes, cunha densidade media de 21´5 hab/km2.

Romariz, San Xoán de
Parroquia delimitada coas freguesías de Labrada e Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo ao norte, Quende polo sur, polo leste Quende e Sasdónigas, e Fanoi e Labrada polo oeste. A freguesía pertenceu á vigairía da Mestrescola de Mondoñedo. A herdade de Choi foi concedida polo abade de Lourenzá, frei Romero, en 1207 a dez poboadores. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 11 entidades de poboación e 252 habitantes. A densidade media era de 26´8 hab/km2 en 1991.

Villarente, San Xoán de
Esta parroquia pertence ao arciprestado de Baroncelle. Ten 8 entidades de poboación nas que se distribúen os seus 324 habitantes. A densidade media en 1991 era de 37´2 hab/km2.


 
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin