Inicio
Sunday, 05 September 2010
Abadín é tradición, arte, futuro, pero tamén está nun entorno natural privilexiado
CAMPAÑA DE RENOVACIÓN DO DNI ELECTRÓNICO DE ABADÍN PDF Imprimir
Thursday, 01 July 2010

1278009116_Campana renovacion DNI Abadin.JPGO Concello de Abadín vén de rematar unha Campaña de renovación de DNI para todos os veciños que quixesen realizala. Máis dun centenar de abadinenses foron os beneficiados desta Campaña que aproveitaron para renovar o seu DNI que estaba a piques de caducar, que estaba xa caducado ou ben polo mero feito de posuir o novo DNI en formato electrónico.

 

Despois dun período de inscrición no consistorio municipal o Concello de Abadín procedeu a acordar as datas de renovación nas dependencias do Corpo Nacional de Policía pertencentes ó Ministerio do Interior en Lugo. As datas seleccionadas foron o 22, o 25 e o 29 de xuño en horario de mañá. Os veciños acudiron á renovación nas datas anteriormente mencionadas en autobuses sufragados polo Concello; unha vez en Lugo, os veciños foron atendidos con moita amabilidade polos funcionarios da Policía Nacional.

 
< Ant.   Seg. >
Axenda
« < Setembro 2010 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin