|
TORNEO DE FÚTBOL SALA EN ABADÍN |
|
|
|
Thursday, 24 June 2010 |
|
O pasado fin de semana celebrouse en Abadín un torneo de fútbol sala organizado polo equipo Pub Oasis que está composto por mozos abadinenses e contou co apoio do Concello e outros colaboradores. Un total de 14 equipos pertencentes a concellos limítrofes participaron nesta interesante e disputada competición.
A clasificación foi a seguinte:
1º clasificado: Abastecimentos Eugenia López (Mondoñedo)
2º clasificado: Vilalba Fútbol Sala (Vilalba)
3º clasificado: Fai Pixo Boi (Begonte)
Mellor equipo local: Pub Oasis
Máximo goleador: Álex Pardeiro (Abastecimentos Eugenia López)
O Concello de Abadín agradeceu a implicación dos compoñentes do Pub Oasis por promover con éxito a práctica do deporte no municipio.
|