|
CAMIÑANDO HACIA SANTIAGO DENDE ABADÍN |
|
|
|
Tuesday, 04 May 2010 |
|
Un grupo de abadinenses están a realizar o Camiño de Santiago dende Abadín. O pasado domingo, 2 de maio, tivo lugar a primeira etapa entre Abadín e Vilalba, con saída dende o albergue de peregrinos de Gontán, para ganar o Xubileo neste Ano Santo.
As etapas desenvolveranse as mañás dos domingos e constarán dun total de sete. As idades dos participantes é moi variada xa que van de entre os 20 e os 85 anos. O avituallamento e coche de apoio están a ser proporcionados polo Concello de Abadín que é o organizador desta iniciativa.
|