|
Monday, 01 March 2010 |
|
O Concello de Abadín, despois de competir con outros 400 concellos de España, foi escollido para poñer en marcha a segunda fase do Proxecto 060, un servizo que pretende axudar ós cidadáns a familiarizarse co uso do DNI electrónico e a realización de trámites e xestións coas distintas administracións públicas a través das oficinas, o teléfono e a web de 060, portal da Administración Xeral do Estado.
No ámbito galego soamente un total de 13 concellos, entre os que está Abadín, foron seleccionados para poñer en marcha este achegamento de servizos telémáticos á poboación. Co gallo de levalo a cabo vanse impartir unha serie de talleres co seguinte itinerario:
Días: Martes 2 de marzo ás 20:00 h
Xoves 4 de marzo: 11:00 h e ás 20:00 h
Lugar: antiga cámara agraria de Abadín
A asistencia a estes talleres están orientados a todos os públicos e dun xeito totalmente gratuito xa que este proxecto está financiado polo Ministerio da Presidencia e promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e Red.es.
|