|
Wednesday, 24 February 2010 |
|
O pasado 20 de febreiro celebrouse unha nova edición da feira do grelo de Abadín. A pesar das inclemencias metereolóxicas acaecidas ó longo do inverno, que afectou á cantidade de produción desta hortaliza, puidose desenvolver unha feira monográfica onde primou a excelente calidade do produto e a súa boa venda.
A presenza do Conselleiro de Medio Rural, D. Samuel Juárez Casado, a presenza do Presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia, D. Jose Luis Dadín Rivadas, xunto con outras autoridades invitadas foron testigos da primeira feira do grelo en Galicia co etiquetado do recoñecemento da súa calidade a nivel europeo.
|