|
xoves, 07 xaneiro 2010 |
|
Un ano máis os Reis Magos de Oriente achegaronse ó concello de Abadín para repartir ilusión entre os seus veciños. A tradicional Cabalgata, que iniciou o seu percorrido en Gontán, realizou unha parada no Centro de Día de Abadín para visitar ós nosos maiores, posteriormente concluiría o seu traxecto no polideportivo municipal. As súas maxestades desplazáronse en coches clásicos mentres ían escoltados por paxes montados a cabalo.
Unha vez no polideportivo recibiron a todos os nenos para atender as últimas peticións de agasallos. Como broche final de Cabalgata os nenos puideron disfrutar de xogos inchables e dun chocolate con churros que lles axudou a sobrepoñerse dun serán tan intenso.
Finalizada a Cabalgata os Reis dispuxéronse a depositar os agasallos en todas as casas de Abadín levando a ledicia a todos os fogares.
|