|
INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO (I+D) DO GRELO EN ABADÍN |
|
|
|
xoves, 08 outubro 2009 |
|
Un ano máis o Concello de Abadín e a Misión Biológica de Galicia, pertencente ó Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), seguen a traballar en conxunto para investigar as diferentes cualidades e propiedades do grelo en Abadín. A finalidade desta I+D é analizar o seu ciclo biolóxico de cara a unha futura producción polo xunto e estable ó longo do ano. A evolución das sementes, que veñen de ser plantadas, permitirán sacar conclusións sobre a importancia dos compoñentes do terreo e da climatoloxía á que están expostas.
Unha vez que o grelo plantado neste campo experimental acade unha madurez poderanse sacar as conclusións máis relevantes.
|