|
VISITA DO SUBDELEGADO DO GOBERNO |
|
|
|
martes, 23 xuño 2009 |
|
O Subdelegado do Goberno en Lugo, D. José Vázquez Portomeñe, achegouse no día de onte ata o Concello de Abadín para visitar á Corporación Municipal con motivo das obras de acondicionamento e mellora que se están a realizar na praza de Gontán mediante o Plan E. Antes da visita ás obras o Subdelegado asinaría no Libro de Ouro do Concello de Abadín.
|