|
CENTENARIO AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-2009) |
|
|
|
luns, 15 xuño 2009 |
|
O pasado venres 12 de xuño cumpleuse o centenario do nacemento do poeta abadinense Aquilino Iglesia Alvariño. Con motivo desta efeméride realizaronse uns actos conmemorativos organizados polo Centro PEN Galicia e o Concello de Abadín.
O primeiro acto oficial tivo lugar na casa natal do escritor, en Seivane (Vilarente), o pasado venres ás 19:00 h. e consisteu no descubrimento dunha placa-homenaxe na súa memoria. Ó mesmo acudiron diferentes personalidades e autoridades públicas e políticas coma o Secretario Xeral de Política Lingüística, o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e alcaldes da comarca.
O segundo acto oficial tivo lugar ese mesmo día ás 20:00 h. no salón de actos do colexio público que leva o nome do homenaxeado. Neste acto realizouse unha análise ó xeito de escribir do poeta e sobre aquelo que influira no seu estilo literario. Ó público existente fíxoselle entrega do libro O pó dos días. Introducción temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño de autoría de Luciano Rodríguez Gómez a xeito de agasallo da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Abadín.
|