|
CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA |
|
|
|
martes, 02 xuño 2009 |
|
O vindeiro xoves 4 de xuño comezará un curso organizado polo Concello de Abadín de informática básica. Esta actividade formativa desenvolverase na antiga escola da Fundación Pedro Seijo da parroquia de Corvite onde se aprenderán os aspectos básicos dos ordenadores así como as súas tarefas máis habituais.
A duración deste curso é dunha semana e impartirase nun horario de tarde-noite para permitir que poida asistir o maior número de alumnos posible.
|