|
luns, 25 maio 2009 |
|
O Concello de Abadín vén de organizar a actuación dun Contacontos para os nenos e nenas abadinenses. Esta actuación estivo enmarcada dentro do conxunto de actividades extraescolares que se realizan fóra do horario lectivo e que o Concello está a levar a cabo no municipio coa finalidade de fomentar a creatividade e a imaxinación dos alumnos en horario de lecer.
O Contacontos, que narrou catro historias nunha aula do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, fixo a delicia dos rapaces asistentes xa que puideron participar dun xeito interactivo no desenvolvemento das mesmas.
|