|
mércores, 25 marzo 2009 |
|
Un total de 17 alumnos remataron onte, 24 de marzo, un curso de aplicacións informáticas para explotacións agropecuarias organizado polo Concello de Abadín.
O curso, que tivo unha duración total de 30 horas, comezou o pasado 9 de marzo e tivo un horario de 8:30 a 11:30 da noite. Esta actividade formativa estivo orientada a traballadores en activo, titulares de explotacións agrarias e cónxuxes e fillos de titulares de explotación.
|