|
mércores, 25 febreiro 2009 |
|
O pasado sábado celebrouse no recinto feiral de Gontán a IV edición de Expogrelo. Miles de persoas procedentes de toda Galicia e comunidades próximas acudiron a esta cita que estase a consolidar como un referente na calidade da horta.
Previo á apertura do recinto feiral un técnico realizou unha avaliación sobre a calidade do grelo recolleitado polos 23 produtores participantes. Unha vez testada a calidade das madas de grelos comezaría unha exitosa feira que estivo marcada polo bo tempo e o agrado de todos os visitantes.
|