|
OS REIS MAGOS VISITARON ABADÍN |
|
|
|
mércores, 07 xaneiro 2009 |
|
Os Reis Magos de Oriente achegáronse o pasado martes ó municipio para visitar a todos os abadinenses. Despois da tradicional Cabalgata, os máis pequenos puideron realizar as últimas peticións de agasallos para, así, recibilos na mañá seguinte na súa casa.
Despois de que Melchor, Gaspar e Baltasar atenderan no polideportivo municipal a todos os nenos e nenas que os foran visitar, continuou a xornada de lecer con xogos, hinchables e a actuación dun paiaso malabarista que foron a delicia dos alí presentes.
|