Inicio
xoves, 09 febreiro 2012
Abadín es tradición, arte, futuro pero también está en un entorno natural privilegiado. 
O GRELO DE ABADÍN E O SEU I+D PDF Imprimir
martes, 23 setembro 2008

1222161286_I+D grelo.jpgUnha vez máis o Concello de Abadín e a Consellería de Medio Rural uníronse para mellorar o grelo abadinense mediante a súa Investigación e Desenvolvemento (I+D). Despois de que Medio Rural lle entregase ó Concello de Abadín tres tipos de semente con propiedades xenéticas diferentes sería o propio Concello quen se poría en contacto con dúas produtoras do municipio para sementalas.

 

As produtoras, que participan na Expogrelo de Abadín, son Orsita Sierra e Marina Cendán. Orsita vive na parroquia de Abeledo que está ubicada nunha zona de montaña; Marina vive noutra parroquia abadinense onde as condicións climatolóxicas son diferentes, isto é, na chaira de Baroncelle. As conclusións desta investigación saberanse cando se analice a evolución das diferentes sementes nestes microclimas diferenciados.

 

Por outra banda, a Consellería de Medio Rural ten previsto aprobar este ano un regulamento de protección transitoria da Indicación Xeografica Protexida (IXP) “Grelos de Galicia”, co obxectivo de que este produto poida comercializarse con este selo de calidade diferenciada dentro do mercado estatal. O Concello de Abadín está a traballar intensamente neste proxecto debido ás expectativas comerciais que se lle abren a un grelo de calidade suprema coma o abadinense.

 
< Ant.   Seg. >
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin