|
mércores, 13 agosto 2008 |
Onte, 12 de agosto, ás 8 da tarde tivo lugar na antiga Cámara Agraria de Abadín unha xornada informativa relacionada co Banco de Terras. A charla foi impartida pola directora da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Vilalba.
Os asistentes puideron ver un video promocional que abordaba os aspectos claves desta innovadora forma de xestionar Superficies Agrarias Útiles (SAU). Posteriormente, logo das explicacións teóricas realizadas pola ponente, os alí presentes puideron aclarar cuestións sobre as implicacións de incluir as súas terras neste Banco.
|