|
venres, 06 xuño 2008 |
|
O Centro de Día de Abadín xa forma parte da Rede Galega de Centros de Día. O pasado 4 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela unha xuntanza na que o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, asinou co Concello de Abadín o convenio que motiva tal efecto.
Nesa mesma xuntanza outros concellos tamén asinaron os seus respectivos convenios para adherirse a esta Rede.
|