|
luns, 24 decembro 2007 |
|
Coa realización dun Curso de Benestar Animal que rematou o pasado venres, 21 de decembro, conclúen as accións formativas previstas polo Concello de Abadín para o presente ano 2007.
Este curso impartido por experimentados veterinarios, orientado a titulares de explotacións gandeiras e tratantes de gando, provocou unha grande espectación entre un total de 20 alumnos xa que aprenderon cuestións sobre o tratamento ós animais que descoñecían.
Este tratamento ós animais vén especificado nunha normativa legal cuxo incumprimento pode acarrear importantes sancións. Todas as alumnas e alumnos mostraron unha grande satisfación polo aprendido xa que lles será de utilidade na súa actividade profesional.
|