|
CLAUSURA DO CURSO DE ALBANELERÍA |
|
|
|
mércores, 12 decembro 2007 |
|
Despois de 200 horas de curso, eminentemente práctico, rematou o Curso de albanela enmarcado na programación formativa Muller, porque si. Neste curso, dirixido a mulleres, puideron aprender nocións básicas do mundo da albanelería; dende a colocación de lousa, de plaqueta e de azulexo, ata a elaboración de tabiques de ladrillo nas súas diferentes variedades.
É preciso destacar a gran dedicación e saber facer das alumnas que estiveron realizando tarefas prácticas na antiga Cámara Agraria e no campo de fútbol de Abadín.
O extraordinario éxito deste curso débese ós dous docentes profesionais da materia e de orixe abadinense, Julio Iglesias Ramil (Construccións Julio do Barral) e José Luis Otero Vivero. Sen dúbida ningunha, a súa ampla experiencia e paciente carácter foron imprescindibles para os excelentes resultados acadados.
|