|
CREATIVIDADE NA COCIÑA ABADINENSE |
|
|
|
mércores, 12 decembro 2007 |
|
Onte, martes, finalizaron unhas xornadas, organizadas polo Concello de Abadín, sobre receitas de cociña no CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín.
Marcos Domínguez Novo foi o Chef encargado de desvelar algúns segredos da boa cociña e da conservación de alimentos para consumos en datas ulteriores.
Todos os alumnos e alumnas quedaron plenamente satisfeitos de coñecer, un pouco máis de preto, os entresijos do complicado arte culinario. Ainda que, sen dúbida, a clave máis importante da boa comida é o cariño co que se fai.
|