|
CAMPO EXPERIMENTAL DO GRELO |
|
|
|
xoves, 27 setembro 2007 |
Abadín encabeza a investigación na produción de grelo na provincia de Lugo, de feito, será o único concello da provincia no que se vai levar a cabo un campo experimental de produción de dito produto hortícola.
O pasado martes, 25 de setembro, o Delegado de Medio Rural de Lugo, Emilio López, o Xefe de Servizo de Estruturas Agrarias de Lugo, Víctor Álvarez, e a Concelleira de Medio Rural de Abadín, Begoña Gaute, fixeron a entrega a Marina Cendán, produtora da parroquia de Baroncelle, das 3 variedades de semillas de grelo que se van plantar para poder obsevar o seu ciclo de crecemento.
Cada unha das 3 variedades vai ser plantada nun terreo de 500 m2 o que supón un total de 1.500 m2 de campo experimental. A finalidade desta investigación é poder desenvolver unha variedade de grelo que permita prolongar a súa produción ó longo do ano para poder darlle un maior enfoque comercial.
En dito proxecto interveñen o Concello de Abadín, a Consellería de Medio Rural e a Misión Biolóxica de Galicia (MGB).
|