|
|
|
xoves, 29 novembro 2007 |
|
Hoxe, 29 de novembro, ás catro da tarde, tivo lugar unha xornada informativa empresarial na antiga Cámara Agraria de Abadín, o evento foi organizado polo Concello de Abadín e impartida por Nicolás Santos da Federación Galega de Comercio.
O contido desta xornada estivo baseada na Empresa Familiar Comercial, Traspaso e Venda e no Márketing de Venda.
Ós asistentes fíxoselles entrega de dous cd-rom e dun manual que lles servirá para abordar aquelas cuestións dun xeito actualizado, personalizado e detallado.
|
|
martes, 27 novembro 2007 |
|
O Concello de Abadín organiza unha xornada empresarial que impartirá a Federación Galega de Comercio. As temáticas a tratar son as seguintes:
-Empresa Familiar Comercial, Traspaso e venda
-Márketing de venda
Data: xoves, 29 de novembro
Hora: 4 da tarde
Lugar: Antiga Cámara Agraria
|
|
martes, 27 novembro 2007 |
|
Onte tivo lugar na Antiga Cámara Agraria de Abadín unha nova xornada sobre o Banco de Terras de Galicia. O evento estivo organizado polo Concello de Abadín coa colaboración da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Vilalba e a Consellería de Medio Rural.
Os relatores do acto foron Juan Manuel Carretero e Marcial Díaz que contestaron todas as cuestións plantexadas polos alí asistentes.
|
|
luns, 19 novembro 2007 |
|
O pasado martes e 13 estivo o Info-bus n@ rede rural en Abadín e en Gontán.
Este bus é unha aula virtual itinerante da campaña Inforede Rural que está dotado de ordenadores conectados á Rede para facer divulgación sobre os servizos da Sociedade de Información.
Os veciños e veciñas de Abadín puideron navegar por Internet e plantexar cuestións ó respecto, a aqueles que realizaron a visita recibiron diverso material informativo
|
|
martes, 13 novembro 2007 |
|
Un total de 12 alumnas, a maioría abadinenses, son as que están a participar nun Curso de Albanel do Programa MULLER PORQUE SI na Antiga Cámara Agraria de Abadín.
Este curso está enmarcado no Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, promovidas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Este programa ten como obxectivo a integración, como man de obra, de mulleres en actividades produtivas nas que se encontran infrarepresentadas.
O Concello de Abadín, despois de realizar os trámites necesarios, puido ser beneficiario deste Programa xunto con outros concellos da provincia como Chantada, Sarria, Viveiro, Monforte de Lemos, Becerreá, Burela e Vilalba.
|
|
|
luns, 05 novembro 2007 |
|
Un ano máis a centenaria Feira de Santos tivo un gran éxito de visitantes. Miles de persoas disfrutaron dunha gran xornada onde a climatoloxía foi favorable e a variedade de postos de venda foi moi ampla.
Con motivo desta Feira abríronse as portas dunha casa de madeira, en Gontán, que será onde se emprazará ó veterinario nos días de feira e tamén servirá para desenvolver actividades e reunións.
Dende primeiras horas da mañá, a chegada de público foi continua; grazas a labor da Garda Civil e á Policía Municipal, o tráfico de coches e persoas foi fluido e sen grandes retencións.
|
|
|
venres, 02 novembro 2007 |
|
Hoxe, un grupo de escolares tiveron a oportunidade de coñecer no ámbito natural de Abadín mediante unha xornada de Micoloxía organizada polo Concello de Abadín e o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño.
A xornada foi impartida por un experto na materia, Antonio Paz, que dirixíu unha expedición ó Monte da Corda onde os/as escolares aprenderon a diferenciar a comestibilidade dalgúns dos cogumelos deste monte abadinense. Esta actividade estivo complementada cunhas nocións teóricas das diferentes especies recollidas en dito ámbito.
Os/as nenos/as participaron activamente e demostraron un grande interese por esta actividade xa que supón coñecer máis en profundidade o ámbito no que viven.
|
|
|
venres, 26 outubro 2007 |
|
|
|
xoves, 27 setembro 2007 |
Abadín encabeza a investigación na produción de grelo na provincia de Lugo, de feito, será o único concello da provincia no que se vai levar a cabo un campo experimental de produción de dito produto hortícola.
O pasado martes, 25 de setembro, o Delegado de Medio Rural de Lugo, Emilio López, o Xefe de Servizo de Estruturas Agrarias de Lugo, Víctor Álvarez, e a Concelleira de Medio Rural de Abadín, Begoña Gaute, fixeron a entrega a Marina Cendán, produtora da parroquia de Baroncelle, das 3 variedades de semillas de grelo que se van plantar para poder obsevar o seu ciclo de crecemento.
|
|
|
xoves, 27 setembro 2007 |
O vindeiro 3 de outubro instalarase un Punto de Información do Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo nas dependencias municipais.
O Concello de Abadín foi un dos primeiros concellos de Galicia en solicitar dito Punto que permitirá que os/as traballadores/as desempregados/as poidan renovar a demanda de emprego sen necesidade de ter que achegarse ás oficinas adscritas. Outras utilidades do Punto de Información son o acceso ás ofertas de emprego en difusión e o acceso ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego.
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
| | Resultados 99 - 112 de 138 |
|
|
PARTICIPACIÓN CIDADÁ |
|
|
O tempo |
|
|
Teléfonos |
|
|