|
venres, 18 abril 2008 |
|
Medio centenar de antigas alumnas e alumnos de diferentes cursos de Benestar Animal realizados en Abadín reencontráronse na noite de onte nun acto organizado polo Concello de Abadín na antiga Cámara Agraria municipal.
O obxectivo de dito acto foi a entrega dos diplomas homologados pola Administración que acreditan os seus coñecementos no transporte e manexo de animais que obriga a actual normativa vixente.
|
|
xoves, 17 abril 2008 |
|
O pasado martes, 15 de abril, ás 17:00 horas, reuníronse os pais e nais de alumnos/as do C.E.I.P. de Abadín “Aquilino Iglesia Alvariño” xunto coa Asociación de Pais de Alumnos (A.P.A.) e representantes do Concello de Abadín.
Nesta xuntanza tratouse o anuncio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da non continuidade, para o vindeiro curso 2008-2009, do primeiro ciclo da E.S.O., ademais de analizar a situación actual e as posibles alternativas.
CONCLUSIÓNS E POSTURA ADOPTADA POLOS ALÍ REUNIDOS:
-
Rexeitar, por unanimidade, a decisión adoptada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de interromper a docencia do primeiro ciclo da E.S.O. para o vindeiro curso 2008-2009 en Abadín.
-
-
Adoptaranse as medidas pertinentes para que se reconsidere esta decisión.
|
|
venres, 07 marzo 2008 |
|
Hoxe, venres 7 de marzo, remata un Curso de elaboración de conservas que estivo organizado polo Concello de Abadín. Un total de trece alumnas asistiron a este curso que se iniciou o pasado 25 de febreiro e tivo unha duración total de 30 horas, en horario de tarde-noite.
A docencia foi eminentemente práctica e fundamentouse na preparación, conservación e envasado de mermeladas, licores e salsas de orixe vexetal.
|
|
luns, 25 febreiro 2008 |
|
Unha nova edición sobre o benestar animal vén de rematar en Abadín. O curso estivo organizado polo Concello de Abadín e desenvolveuse entre o 11 e o 22 de febreiro na Antiga Cámara Agraria municipal.
Este curso, moi demandado por veciños e veciñas do municipio, tivo unha duración de 30 horas e estivo impartida por experimentados veterinarios que desenvolveron con amplitude a normativa que existe ó respecto.
|
|
venres, 22 febreiro 2008 |
|
Onte, xoves, tivo lugar na Antiga Cámara Agraria de Abadín unha charla sobre a Política Agraria Comunitaria (PAC). A charla foi impartida por un membro da Oficina de Extensión Agraria de Vilalba.
Cunha importante asistencia de público o evento tivo unha duración de 2 horas, veciños e veciñas de Abadín puideron ter unha reposta a diferentes aspectos desta Política sobre a súa importancia no presente e as influencias para o futuro.
|
|
|
xoves, 21 febreiro 2008 |
|
O Excmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo, achegouse ata a Casa do Concello de Abadín para visitar ó Alcalde de Abadín, D. José María López Rancaño, e ó resto da Corporación Municipal.
Despois dun acto solemne culminado coa asinatura do Presidente no Libro de Ouro do Concello de Abadín, a visita continuou cunha xuntanza entre o Presidente e o Alcalde onde se abordaron diferentes asuntos de interese para Abadín.
Entre outros asuntos é preciso destacar que o Alcalde aproveitou esta reunión para transmitirlle a intención de darlle un novo impulso á creación do Parque Empresarial de Abadín mediante a Sociedad Urbanística Provincial (SUP).
|
|
|
xoves, 07 febreiro 2008 |
|
O Concello de Abadín organizou para o día seguinte da Expogrelo o festival de Entroido. Un gran número de disfraces e de asistentes fixeron deste acontecimiento unha tarde na que predominou o humor e a creatividade.
Ata o Polideportivo Municipal de Abadín achegaronse abadinenses e visitantes de diferentes puntos xeográficos da provincia que tamén puideron disfrutar do chocolate con churros que o Concello lles tiña preparados.
Despois do desfile realizouse a entrega duns agasallos a tódolos nenos e nenas que participaron e se produciu o acto de entrega de premios na diferentes categorías.
|
|
|
mércores, 06 febreiro 2008 |
|
Unha vez máis tivo lugar a esperada cita en Gontán protagonizada pola Expogrelo, evento organizado polo Concello de Abadín. Unha multitude de persoas venidas de todas partes achegáronse a este acontecemento anual.
A pesares de que as continuas xeadas deste inverno castigaron as hortas do municipio, puidose observar que o grelo tivo unha grande resistencia a estas inclemencias metereolóxicas, de feito, os produtores que asistiron este ano superaron ampliamente á producción aportada nas dúas anteriores edicións.
Unha variada representación de autoridades foron testigos do grande éxito de convocatoria deste evento que cada ano ocupa un lugar máis importante no ámbito da exaltación de produtos de grande calidade alimentaria.
|
|
|
martes, 15 xaneiro 2008 |
|
|
|
|
luns, 07 xaneiro 2008 |
|
As Súas Maxestades de Oriente fixeron, o pasado 5 de xaneiro, a tradicional visita a Abadín para saudar a todos os veciños e veciñas do municipio. Despois dunha longa viaxe, os Reis Magos mostráronse moi contentos pola calurosa acollida que tiveron, especialmente a realizada polos nenos e nenas que se achegaron a saudalos e a facerlles as súas peticións para este ano.
Debido a que a choiva estivo presente gran parte da tarde, os Reis, achegáronse ata o Polideportivo Municipal nun coche antigo que recorrera anteriormente Gontán e Abadín.
Melchor, Gaspar e Baltasar tiveron unha intensa noite de traballo repartindo moitos agasallos a aqueles e aquelas que se portaran ben ó longo do ano pasado.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
|
| Resultados 85 - 98 de 138 |