|
luns, 22 setembro 2008 |
|
O Concello de Abadín organizou o domingo pasado a sétima edición da baixada de carrilanas na estrada da Corda. A climatoloxía finalmente respetou o evento e tódolos partipantes puideron baixar sen problema ningún.
Os espectadores puideron disfrutar dunha xornada marcada pola velocidade, o inxenio e a orixinalidade dos participantes que ofreceron un espectáculo único. O público valorou tanto a pericia da pilotaxe dalgúns pilotos coma o sentido de humor e imaxinación doutros que baixaron en carrilanas moi logradas artísticamente.
|
|
xoves, 11 setembro 2008 |
|
|
martes, 26 agosto 2008 |
|
O pasado venres clausurouse oficialmente o campamento urbano de verán que organizou o Concello de Abadín. Os rapaces e rapazas que asistiron ó mesmo mostraron a súa ledicia por ter participado nel e xa pediron que se repetira a experiencia para o ano que vén.
As monitoras e o monitor responsables de que todo saira ben tamén mostraron a súa satisfacción polo bó comportamento dos/as nenos/as e destacaron deles/as o grande compañeirismo á hora de realizar as actividades.
|
|
luns, 25 agosto 2008 |
|
Os alumnos e alumnas do curso de albanel que se está a desenvolver no Concello de Abadín mediante o Programa Formativo do Plan FIP 2008 están a realizar a parte práctica nos vestiarios do campo de fútbol municipal abadinense.
En concreto están a facer labouras no vestiario do equipo visitante consistente nunha renovación de imaxe e de elementos sanitarios. Na actualidade están poñendo un novo solo de gres tanto na zona de vestiario como na de ducha.
|
|
luns, 18 agosto 2008 |
|
O Concello de Abadín vén de poñer en marcha un campamento de verán que tivo o seu inicio hoxe, luns 18 de agosto, ata o vindeiro día 23. Este campamento urbán está orientado a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos de idade e realizarán actividades lúdico-deportivas moi variadas como: xogos na praia fluvial, excursións á praia, excursión ó parque acuático de Cerceda, xogos deportivos, obradoiros e ximkanas. O campamento tivo unha boa acollida por parte das familias abadinenses.
|
|
|
luns, 18 agosto 2008 |
|
A pesares da auga caida o sábado pasado, a V Sardiñada tivo un éxito rotundo de asistencia de veciños e veciñas do concello. Unha grande carpa e outras infraestruturas permitiron olvidar ós alí presentes as inclemencias metereolóxicas e así puideron disfrutar das sardiñas preparadas por tres persoas con ampla experiencia e das empanadas, bolos preñados e bicas feitas polas panaderías do concello. O serán foi amenizado pola orquesta Luna que logrou levantar ós/ás comensales dos seus asentos para bailar unhas pezas ó ritmo da música.
|
|
|
mércores, 13 agosto 2008 |
Onte, 12 de agosto, ás 8 da tarde tivo lugar na antiga Cámara Agraria de Abadín unha xornada informativa relacionada co Banco de Terras. A charla foi impartida pola directora da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Vilalba.
Os asistentes puideron ver un video promocional que abordaba os aspectos claves desta innovadora forma de xestionar Superficies Agrarias Útiles (SAU). Posteriormente, logo das explicacións teóricas realizadas pola ponente, os alí presentes puideron aclarar cuestións sobre as implicacións de incluir as súas terras neste Banco.
|
|
|
martes, 05 agosto 2008 |
|
Hoxe iniciouse en Abadín un Curso de Albanel organizado polo Concello para traballadores e traballadoras desempregados/as inscritos/as no Servizo Público de Emprego. O curso, que pertence á programación do Plan de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP), será eminentemente práctico e terá unha duración total de 510 horas, terá un horario mañá, dende as 08:30 h. ata as 14:30 h. A acción formativa rematará o vindeiro 3 de decembro de 2008.
Comezaron o curso un total de 12 alumnos, na súa maioría do muncipio de Abadín. Aqueles que completen a formación obterán un diploma homologado polo Xunta de Galicia que avalará a calidade dos coñecementos adquiridos.
|
|
|
venres, 27 xuño 2008 |
|
O Concello de Abadín organizou onte pola tarde, 26 de xuño, unha xornada orientada ós máis pequenos da casa que comezou cunha exhibición de patinaxe sobre rodas acompasada con música na que escolares do municipio deron a coñecer as súas destrezas mediante diferentes coreografías.
Posteriormente o Concello preparou unha merenda para todos os asistentes, deste xeito, os nenos e nenas recuperaron forzas para continuar a tarde xogando con hinchables e ó xoquei con monitores especializados nesta disciplina.
|
|
|
xoves, 12 xuño 2008 |
Hoxe tivo lugar na antiga Cámara Agraria de Abadín unha charla informativa organizada polo Concello de Abadín sobre as axudas a Proxectos Dinamizadores que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) porá a disposición para as Áreas Rurais de Galicia en breves datas.
A charla foi impartida pola Xefa de Área da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Vilalba. Esta exposición permitiu dar a coñecer en profundidade os aspectos teóricos clave desta subvención así coma as contías máximas de axuda.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
|
| Resultados 71 - 84 de 138 |