Inicio
venres, 10 febreiro 2012
Abadín es tradición, arte, futuro pero también está en un entorno natural privilegiado. 
CURSO DE INFORMÁTICA
mércores, 25 marzo 2009

1243419242_informatica.jpgUn total de 17 alumnos remataron onte, 24 de marzo, un curso de aplicacións informáticas para explotacións agropecuarias organizado polo Concello de Abadín.

 

O curso, que tivo unha duración total de 30 horas, comezou o pasado 9 de marzo e tivo un horario de 8:30 a 11:30 da noite. Esta actividade formativa estivo orientada a traballadores en activo, titulares de explotacións agrarias e cónxuxes e fillos de titulares de explotación.

 
EXPOGRELO 2009
mércores, 25 febreiro 2009

1235555647_Expogrelo.jpgO pasado sábado celebrouse no recinto feiral de Gontán a IV edición de Expogrelo. Miles de persoas procedentes de toda Galicia e comunidades próximas acudiron a esta cita que estase a consolidar como un referente na calidade da horta.

 

Previo á apertura do recinto feiral un técnico realizou unha avaliación sobre a calidade do grelo recolleitado polos 23 produtores participantes. Unha vez testada a calidade das madas de grelos comezaría unha exitosa feira que estivo marcada polo bo tempo e o agrado de todos os visitantes.

 
ENTROIDO 2009
luns, 23 febreiro 2009

1235392700_Entroido 2009.jpgMás de medio cento de inscritos convertiron nun éxito o desfile de Entroido organizado polo Concello de Abadín. O acontecemento celebrouse, onte domingo, no Polideportivo Municipal onde primou a creatividade e a orixinalidade. O bo humor e a diversión fixeron que tanto participantes como visitantes disfrutasen dunha xornada de lecer que cada vez acada unha maior notoriedade a nivel provincial.

 
IV EXPOGRELO DE ABADÍN
venres, 06 febreiro 2009
 1233956677_Expogrelo 2009.jpg
 
ENTROIDO 2009
venres, 06 febreiro 2009
1233956419_Cartel.jpg 
 
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ABADÍN
luns, 26 xaneiro 2009

1232965987_Charla Convenio Conselleria-Concello.jpgO pasado venres 23 tivo lugar na antiga Cámara Agraria do Concello de Abadín unha charla informativa, á cal asistiron máis de medio centenar de persoas, na que responsables da Consellería de Medio Rural abordaron diferentes asuntos de interese como o Pago Único, as concentracións parcelarias e outros temas agrícolas-gandeiros.

 

Os poñentes desta charla informativa foron:

D. Víctor Álvarez Arias. Xefe de Servizo de Infraestruturas Agrarias

D. Víctor Sánchez Robles. Xefe de Gandería

D. Eloi Villada Legaspi. Xefe do FOGGA

 

Nesta xuntanza tamén se fixo público o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Abadín para a tramitación de baixas gandeiras nas dependencias municipais abadinenses. Isto evitará, así, os habituais deprazamentos ás oficinas veterinarias adscritas.

 
OS REIS MAGOS VISITARON ABADÍN
mércores, 07 xaneiro 2009

1231321437_IMG_1871.jpgOs Reis Magos de Oriente achegáronse o pasado martes ó municipio para visitar a todos os abadinenses. Despois da tradicional Cabalgata, os máis pequenos puideron realizar as últimas peticións de agasallos para, así, recibilos na mañá seguinte na súa casa.

 

Despois de que Melchor, Gaspar e Baltasar atenderan no polideportivo municipal a todos os nenos e nenas que os foran visitar, continuou a xornada de lecer con xogos, hinchables e a actuación dun paiaso malabarista que foron a delicia dos alí presentes.

 
INAUGURACIÓN DO TELECENTRO DE CORVITE
venres, 26 decembro 2008

1230542144_Telecentro Corvite.jpgO pasado martes 23 de decembro tivo lugar a inauguración do Telecentro no local parroquial de Corvite. Veciños e veciñas desta parroquia xuntáronse na antiga escola da Fundación Pedro Seijo onde pudieron disfrutar do novo equipamento informático e de conexión a Internet aportados polo Concello de Abadín.

 
HORTICULTURA DO GRELO
martes, 25 novembro 2008

1227619018_curso horticultura do grelo.jpgO Concello de Abadín puso en marcha onte un curso sobre a Horticultura do grelo. Desenvolverase ó longo desta semana en horario de tarde-noite e está orientado ós produtores que participan na Expogrelo de Abadín.

 

Co obxectivo de aumentar o valor engadido do grelo abadinense no mercado o Concello de Abadín está a apostar pola formación dos produtores e a investigación deste produto natural.

 
XORNADAS DE COOPERATIVISMO AGRARIO
xoves, 13 novembro 2008

1226575042_Xornada Setas I.jpgOnte iniciaronse as Xornadas de Coopertivismo Agrario organizadas polo Concello de Abadín. A xornada de onte, impartida polo micólogo Antonio Paz, baseouse nun monográfico sobre o mundo das setas, tanto dende o punto de vista da súa comestibilidade como das técnicas de conservación máis apropiadas a cada especie.

 

A xornada de hoxe centrarase na fiscalidade e a financiación das cooperativas, na normativa de prevención de incendios e na análise da situación do grelo de Abadín e as súas posibilidades dende o punto de vista do cooperativismo.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>

Resultados 57 - 70 de 138
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin