|
xoves, 07 xaneiro 2010 |
|
Un ano máis os Reis Magos de Oriente achegaronse ó concello de Abadín para repartir ilusión entre os seus veciños. A tradicional Cabalgata, que iniciou o seu percorrido en Gontán, realizou unha parada no Centro de Día de Abadín para visitar ós nosos maiores, posteriormente concluiría o seu traxecto no polideportivo municipal. As súas maxestades desplazáronse en coches clásicos mentres ían escoltados por paxes montados a cabalo.
Unha vez no polideportivo recibiron a todos os nenos para atender as últimas peticións de agasallos. Como broche final de Cabalgata os nenos puideron disfrutar de xogos inchables e dun chocolate con churros que lles axudou a sobrepoñerse dun serán tan intenso.
Finalizada a Cabalgata os Reis dispuxéronse a depositar os agasallos en todas as casas de Abadín levando a ledicia a todos os fogares.
|
|
martes, 22 decembro 2009 |
|
As festas do Nadal xa comezaron no Punto de Atención á Infancia (PAI). Con motivo destas datas tan sinaladas o Concello de Abadín organizou unha celebración para os nenos e as nenas que acuden ó longo do ano ó PAI abadinense.
Con este evento inicianse unhas festas onde os máis xóvenes do concello son uns dos principais protagonistas.
|
|
luns, 09 novembro 2009 |
|
Un ano máis celebrouse a bicentenaria Feira de Santos no recinto feiral de Gontán. Milleiros de persoas procedentes de toda a comarca e do resto de Galicia achegáronse ata a feira a pesares das condicións metereolóxicas.
Ás 14:00 h. procedeuse á entrega de premios ós mellores exemplares equinos e bovinos nas diferentes categorías onde destacou o gran nivel dos animais participantes. Ás 22:00 h. tivo lugar a actuación dun grupo musical que puso o broche final á xornada ata o vindeiro ano.
|
|
venres, 16 outubro 2009 |
|
|
xoves, 08 outubro 2009 |
|
Un ano máis o Concello de Abadín e a Misión Biológica de Galicia, pertencente ó Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), seguen a traballar en conxunto para investigar as diferentes cualidades e propiedades do grelo en Abadín. A finalidade desta I+D é analizar o seu ciclo biolóxico de cara a unha futura producción polo xunto e estable ó longo do ano. A evolución das sementes, que veñen de ser plantadas, permitirán sacar conclusións sobre a importancia dos compoñentes do terreo e da climatoloxía á que están expostas.
Unha vez que o grelo plantado neste campo experimental acade unha madurez poderanse sacar as conclusións máis relevantes.
|
|
|
luns, 17 agosto 2009 |
|
|
|
|
luns, 17 agosto 2009 |
|
Gran éxito de público na sexta edición da Sardiñada Popular que se celebra anualmente na praia fluvial de Gontán conocida como A Roxica. Más de medio milleiro de persoas achegáronse ó evento para degustar sardiñas e paella nunha tarde propia do verán onde predominou un ambiente familiar e de amizade. A Sardiñada estivo amenizada por un grupo de gaitas que acompañou acertadamente estes momentos de lecer.
|
|
|
mércores, 12 agosto 2009 |
|
|
|
mércores, 29 xullo 2009 |
|
O Concello de Abadín, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, vai organizar un campamento urbán orientado ós nenos e nenas de Abadín de entre 5 e 14 anos de idade.
Este campamento desenvolverase entre o 17 e o 22 deste mes de agosto (ambos incluidos). As inscripcións realizaranse no propio Concello ou ben chamando ó 982 50 80 21.
|
|
|
martes, 23 xuño 2009 |
|
O Subdelegado do Goberno en Lugo, D. José Vázquez Portomeñe, achegouse no día de onte ata o Concello de Abadín para visitar á Corporación Municipal con motivo das obras de acondicionamento e mellora que se están a realizar na praza de Gontán mediante o Plan E. Antes da visita ás obras o Subdelegado asinaría no Libro de Ouro do Concello de Abadín.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
|
| Resultados 43 - 56 de 138 |