Inicio
venres, 10 febreiro 2012
Abadín es tradición, arte, futuro pero también está en un entorno natural privilegiado. 
CURSO DE REDES SOCIAIS
mércores, 07 xullo 2010

1278495715_Facebook.jpgO pasado venres finalizou o segundo curso programado sobre Redes Sociais, principalmente Facebook, organizado polo Concello de Abadín. Os alumnos e alumnas deste curso puideron tomar contacto con esta nova forma de relación social a través de Internet. As claves do funcionamento destas Redes, así como as súas ventaxas e os seus inconvintes, foron os principais aspectos abordados.

 
CAMPAÑA DE RENOVACIÓN DO DNI ELECTRÓNICO DE ABADÍN
xoves, 01 xullo 2010

1278009116_Campana renovacion DNI Abadin.JPGO Concello de Abadín vén de rematar unha Campaña de renovación de DNI para todos os veciños que quixesen realizala. Máis dun centenar de abadinenses foron os beneficiados desta Campaña que aproveitaron para renovar o seu DNI que estaba a piques de caducar, que estaba xa caducado ou ben polo mero feito de posuir o novo DNI en formato electrónico.

 

Despois dun período de inscrición no consistorio municipal o Concello de Abadín procedeu a acordar as datas de renovación nas dependencias do Corpo Nacional de Policía pertencentes ó Ministerio do Interior en Lugo. As datas seleccionadas foron o 22, o 25 e o 29 de xuño en horario de mañá. Os veciños acudiron á renovación nas datas anteriormente mencionadas en autobuses sufragados polo Concello; unha vez en Lugo, os veciños foron atendidos con moita amabilidade polos funcionarios da Policía Nacional.

 
TORNEO DE FÚTBOL SALA EN ABADÍN
xoves, 24 xuño 2010

1277756430_Torneo futbol sala Abadin.JPGO pasado fin de semana celebrouse en Abadín un torneo de fútbol sala organizado polo equipo Pub Oasis que está composto por mozos abadinenses e contou co apoio do Concello e outros colaboradores. Un total de 14 equipos pertencentes a concellos limítrofes participaron nesta interesante e disputada competición.

A clasificación foi a seguinte:

1º clasificado: Abastecimentos Eugenia López (Mondoñedo)

2º clasificado: Vilalba Fútbol Sala (Vilalba)

3º clasificado: Fai Pixo Boi (Begonte)

 

Mellor equipo local: Pub Oasis

Máximo goleador: Álex Pardeiro (Abastecimentos Eugenia López)

O Concello de Abadín agradeceu a implicación dos compoñentes do Pub Oasis por promover con éxito a práctica do deporte no municipio.

 
XOGOS DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA TERRA CHÁ
luns, 21 xuño 2010

1277491393_Xogos Mancomunidade Abadin 2010.JPGO Concello de Abadín foi o organizador para o presente ano dos Xogos anuais da Mancomunidade de Municipios da Terra Chá. Centos de nenos e nenas pertencentes ós concellos de Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei acudiron ás instalacións deportivas abadinenses para participar en diferentes disciplinas deportivas.

 

O baloncesto 3x3, o xadrez, a patinaxe e o fútbol sala foron o eixo destas xornadas. Os rapaces e rapazas tamén puideron participar noutras actividades de ocio como inchables, actividades multiaventura e dunha festa da espuma. Estes xogos foron un éxito de participación onde a diversión e o deporte foron os principais protagonistas.

 
XOGOS DA MANCOMUNIDADE DA TERRA CHA
martes, 15 xuño 2010

  1276798325_Xogos Mancomunidade da Terra Cha.jpg

 

 

 

 

1276798344_Xogos Mancomunidade da Terra Cha (1).jpg 

 
BENESTAR ANIMAL
xoves, 27 maio 2010

1274948003_Curso Benestar Animal.JPGUn total de 24 alumnos remataron no día de onte un curso de Benestar Animal que se estivo celebrando nas instalación da actual Biblioteca Municipal. O grupo de profesores deste curso estivo composto por veterinarios e xuristas expertos que desenvolveron a normativa vixente relacionada co tratamento de animais.

 

Debido á grande demanda de persoas interesadas en realizar outra actividade formativa sobre Benestar Animal comezará o vindeiro luns 31 de maio un novo curso. Aquelas persoas que superan as diferentes probas de coñecemento que se realizan ó longo do curso obteñen un título que lles permiten realizar, entre outras cousas, o transporte de animais, aspecto que é moi importante nas súas tarefas profesionais.

 
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE SUIZA
luns, 24 maio 2010

1274776440_Ciclistas en Abadin.JPGUnha quincena de ciclistas (club ciclista A Nosa Galicia) cuia residencia se atopa en Suiza, pero que unha boa parte deles teñen as súas raíces en Abadín, fixeron o pasado xoves 20 de maio unha escala en Abadín na súa volta do Camiño de Santiago. Estes peregrinos, que á súa chegada a Abadín foron recibidos con aplausos, mantiveron un encontro co alcalde que os apoiou dende un principio nesta iniciativa. Despois de tomar uns aperitivos e de que o grupo de ciclistas saudase a familiares que residen en Abadín continuaron co seu periplo hacia os Lagos de Covadonga.

 

Este grupo recorreu o Camiño de Santiago pola Ruta Francesa dende Suiza ata Fisterra para, posteriormente, volver ata os Lagos de Covadonga antes da súa volta a casa. Esta proeza tivo unha duración total de 21 etapas.

 
CAMIÑANDO HACIA SANTIAGO DENDE ABADÍN
martes, 04 maio 2010

1272974183_Caminando hacia Santiago.JPGUn grupo de abadinenses están a realizar o Camiño de Santiago dende Abadín. O pasado domingo, 2 de maio, tivo lugar a primeira etapa entre Abadín e Vilalba, con saída dende o albergue de peregrinos de Gontán, para ganar o Xubileo neste Ano Santo.

 

As etapas desenvolveranse as mañás dos domingos e constarán dun total de sete.  As idades dos participantes é moi variada xa que van de entre os 20 e os 85 anos.  O avituallamento e coche de apoio están a ser proporcionados polo Concello de Abadín que é o organizador desta iniciativa.

 
CURSOS DE INTERNET E DE BENESTAR ANIMAL
martes, 04 maio 2010

1272972534_Redes Sociais.jpgAs Redes Sociais (Facebook, Tuenti), os Blogs e o Photoshop son as liñas de básicas da programación dos cursos de Internet que o Concello de Abadín vén de poñer en marcha onte luns 3 de maio. Debido ó grande éxito nas incricións, xa que a temática a tratar é de máxima actualidade, o Concello vai realizar un total de 3 cursos para acoller ó total dos inscritos. Nestes cursos trataranse os “pros” e os “contras” dunhas Redes Sociais que cada vez forman máis parte da linguaxe dos internautas.

Por outra banda, o vindeiro 10 de maio comezará un curso de Benestar Animal que formará a unha treintena de gandeiros, agricultores e transportitas de gando.

 
ABADÍN NO PROXECTO 060
luns, 01 marzo 2010

1267523127_logo060.jpgO Concello de Abadín, despois de competir con outros 400 concellos de España, foi escollido para poñer en marcha a segunda fase do Proxecto 060, un servizo que pretende axudar ós cidadáns a familiarizarse co uso do DNI electrónico e a realización de trámites e xestións coas distintas administracións públicas a través das oficinas, o teléfono e a web de 060, portal da Administración Xeral do Estado.

 

No ámbito galego soamente un total de 13 concellos, entre os que está Abadín, foron seleccionados para poñer en marcha este achegamento de servizos telémáticos á poboación. Co gallo de levalo a cabo vanse impartir unha serie de talleres co seguinte itinerario:

Días: Martes 2 de marzo ás 20:00 h

Xoves 4 de marzo: 11:00 h e ás 20:00 h

Lugar: antiga cámara agraria de Abadín

A asistencia a estes talleres están orientados a todos os públicos e dun xeito totalmente gratuito xa que este proxecto está financiado polo Ministerio da Presidencia e promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e Red.es.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>

Resultados 29 - 42 de 138
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin