|
|
|
martes, 15 febreiro 2011 |
|
|
martes, 15 febreiro 2011 |
|
|
luns, 07 febreiro 2011 |
|
O Concello de Abadín inaugurou o pasado venres, ás 12:00 h., o novo Ximnasio Municipal ó que acudiron máis dun centenar de veciños abadinenses. Os asistentes ó acto mostraron a súa satisfacción por poder contar cun novo ximnasio totalmente equipado: cintas de andar, máquinas de musculación, bancos de abdominais, bicicletas estáticas (con e sin respaldo), bicicletas de spinning, bicicletas elípticas, máquinas oscilatorias, saco de boxeo, entre outros. O ximnasio tamén conta cun local destinado a sesións de fisioterapia.
A apertura ó público comezará hoxe luns 7 de febreiro e terá un horario de luns a venres dende as 16:00 h. ata as 23:00 h., os sábados terá horario de mañá.
|
|
venres, 07 xaneiro 2011 |
|
Un ano máis os Reis Magos de Oriente achegáronse ata Abadín coa finalidade de repartir agasallos e ilusión entre os nenos abadinenses. O pasado mércores ás 4 da tarde chegaban as Súas Maxestades a Gontán, previa visita ós maiores do Centro de Día de Abadín, en coches antigos e escoltados por paxes a cabalo. Os Reis, unha vez que recibían a cada un dos nenos, ían realizando agasallos para tiveran un anticipo do que lles esperaba para a mañá seguinte.
Este serán de Cabalgata, cargado de inchables, de churros con chocolate e de pastel de Nadal, puxo o seu punto final ó caer a noite xa que os nenos tiñan que acostarse cedo e ós Reis Magos esperáballes unha longa noite de traballo.
|
|
luns, 03 xaneiro 2011 |
|
Durante os días 27, 28 e 29 de decembro varios nenos do municipio de Abadín participaron nun taller de creación de postais electrónicas de Nadal con motivo do desenvolvemento de unha das actividades do Proxecto Parnet-tic do Inludes en colaboración co Concello de Abadín.
O Proxecto Parnet-tic, cofinanciado nun 75% por fondos europeos, está integrado por 7 institucións de España, Francia e Portugal e implantado de forma simultánea en todos os municipios dos socios que forman o partenariado co fin de achegar as novas tecnoloxías e reducir así a brecha dixital existente nas zonas rurais.
POSTAIS CREADAS POLOS NENOS
Iván Seco
Marcos Lozano
Pablo Díaz
Marcos Cabado
POSTAL SELECCIONADA COMO FELICITACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO
Antonio Cendán
|
|
|
luns, 08 novembro 2010 |
|
O bo tempo do pasado sábado foi o preludio dun éxito da celebración desta edición da Feira de Santos. Milleiros de persoas achegáronse ata praza da feira de Gontán para disfrutar dunha xornada de Santos cunha tradición bicentenaria.
Os mellores exemplares equinos e bovinos da Feira foron seleccionados por un xurado de veterinarios para galardoar cun premio en metálico ós seus donos por coidar da súa cabana gandeira.
Para rematar a xornada celebrouse a actuación dunha orquesta que puxo o broche final a un día onde se fusionan perfectamente a tradición, a cultura e as transaccións económicas.
|
|
|
xoves, 28 outubro 2010 |
|
|
|
venres, 22 outubro 2010 |
|
Abadín foi o lugar elexido, este mediodía, para asinar os convenios correspondentes ao Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en materia de infraestruturas entre a Consellería de Medio Rural e doce concellos pertencentes ás comarcas lucenses da Terra Chá e Meira.
A mesa de sinaturas estivo presidida polo conselleiro de Medio Rural, D. Samuel Juárez, o director xeral de Desenvolvemento Rural, D. Antonio Crespo, o xefe territorial de Medio Rural, D. Ramón Carballo e o alcalde de Abadín, D. José María López Rancaño. Os concellos que participaron no evento de hoxe foron: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Xermade, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.
|
|
|
luns, 11 outubro 2010 |
|
O pasado sábado ás 11:00 h. tivo lugar en Abadín a inauguración e apertura de dous tramos da autovía A-8 (Abadín-Castromaior-Touzas). O acto inaugural de descubrimento da placa informativa foi protagonizado polo ministro de Fomento, D. José Blanco e polo alcalde de Abadín, D. Jose María López Rancaño.
Previo a este acto, o propio ministro e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, D. Agustin Hernández, fixeron unha valoración da importancia de continuar investindo en infraestruturas como parte fundamental para o desenvolvemento económico do territorio. A esta inauguración acudiron en calidade de invitados outras autoridades como o delegado do Goberno en Galicia, o subdelegado do Goberno en Lugo, o presidente da Diputación de Lugo, a presidenta do Inludes, o alcalde de Lugo, alcaldes e outros representantes de municipios próximos a Abadín.
|
|
|
martes, 24 agosto 2010 |
|
O Concello de Abadín organizou o pasado sábado unha completa xornada de ocio na área recreativa de Gontán. O día comezou ás 13:30 h. coa popular sardiñada anual que reuniu, baixo unha gran carpa, a numerosos abadinenses que aproveitaron un día plenamente veraniego. Ao mesmo tempo que degustaban a e charlaban puideron disfrutar dunha actuación de maxia ao ritmo de música que foi do agrado dos comensais. Despois da comida que se alargou ata ben avanzada a tarde tería lugar ás 22:30 h. un espectáculo de luces e lume levada a cabo por David Fernández Rivera.
 O broche final tería lugar ás 23:45 h. cunha brillante actuación da cantante Lucía Pérez e a maxistral actuación do célebre dúo Cómplices. A música, as voces e o son ofrecidas por estes artistas foron dunha calidade suprema que foi recoñecida polos veciños e veciñas de Abadín.
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
| | Resultados 15 - 28 de 138 |
|
|
PARTICIPACIÓN CIDADÁ |
|
|
O tempo |
|
|
Teléfonos |
|
|