Inicio
venres, 10 febreiro 2012
Abadín es tradición, arte, futuro pero también está en un entorno natural privilegiado. 
CHARLA LEI DE DEPENDENCIA
venres, 06 xullo 2007
charla_lei_dependencia.jpg

Unha veintena de persoas asistiron á charla sobre a Lei de Dependencia que se celebrou hoxe ás 5 da tarde no antigo local de Caixa Galicia de Gontán. A finalidade desta charla foi dar a coñecer a nova normativa que ten como beneficiarias as persoas dependentes.

A ponencia levouna a cabo a socióloga Trini Lorenzo que é membra do grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña.

Esta actividade informativa foi organizada polo Punto de Información á Muller (PIM) do Concello de Abadín.

 
ABADÍN SOBRE PATÍNS
venres, 29 xuño 2007

xornada_patinaxe.jpgA pasada tarde do xoves 28 de xuño tivo lugar unha exhibición de patinaxe artístico no Pavillón Municipal de Abadín. Os protagonistas foron nenas e nenos do municipio que demostraron as súas habilidades sobre patíns.

Realizaron variadas coreografías que estaban acompañadas de diferentes estilos musicais que foron do agrado do público asistente.

Ó finalizar este evento artístico, protagonistas e público, recuperaron forzas cunha merenda de chocolate con churros.

 
O ALBERGUE DE PEREGRINOS ABRE AS SÚAS PORTAS
mércores, 20 xuño 2007

inauguracin_albergue_peregrinos.jpgHoxe ás 13:00 h. inaugurouse oficialmente, en Gontán, o Albergue de Pereginos que ofrecerá un completo servizo ás peregrinas e peregrinos que realicen o Camiño Norte de Santiago e decidan facer unha parada no concello.

Deste xeito, o Concello de Abadín mostra o seu grande interese por ofrecer un bo servizo a aqueles que veñan coñecer o concello e o seu entorno.

O acto foi protagonizado polo Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez, e o alcalde do Concello de Abadín, José María López Rancaño. Ó mesmo tamén acudiron membros da Corporación Municipal, veciñas e veciños do concello. 

 

 
CHARLA SOBRE LEI DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
luns, 11 xuño 2007

img_1073.jpg

 

O pasado 29 de maio o Concello organizou en colaboración coa Conselleria do Medio Rural unha charla informativa sobre a nova Lei de prevención de incendios forestais e distancias de prantacións. 

 

 
CURSO DE BENESTAR ANIMAL
mércores, 23 maio 2007
1181582017_Cursobenestaranimali.jpg.jpgO Concello de Abadín, coa organización do Curso de Benestar Animal, convírtese nun dos primeiros de Galicia en formar ós gandeiros en materia de trato ó animal.
 
ABADÍN CAMIÑO DAS ESTRELAS
luns, 21 maio 2007

ConcertoRaul.JPGA noite abadinense do pasado 18 de maio foi alumeada por grandes estrelas da música actual. Os artistas encargados de facer disfrutar ás veciñas e veciños do concello de Abadín e doutros muncipios da Terra Chá foron Raúl, Son Pasión de Gavilanes e Rocío Caamaño.

Para completar o evento, os espectadores puideron disfrutar da posta en escea de bailarines que tiñan un grande repertorio de pases que foron do agrado do público alí concentrado.

 
ABADÍN CAMIÑO DAS ESTRELAS
martes, 24 abril 2007

cartel_camio_das_estrelas.jpg

 
NOVOS PROXECTOS PARA O GRELO
martes, 24 abril 2007

Reunión con produtores de grelo de Abadín para promover a creación dunha asociación.

 
AMPLIACIÓN DO ALUMEADO EN MONCELOS
martes, 24 abril 2007
O venres día 20 de abril inaugurouse a fase do alumeado Zoñán-Moar. Con esta obra, a parroquia de Moncelos mellora considerablemente a súa infraestrutura da rede de alumeado público.
 
CHARLA SOBRE O PROXECTO-LEI DO BANCO DE TERRAS
martes, 10 abril 2007

charlas_006.jpg

O Concello de Abadín organiza unha charla sobre o contido do PROXECTO-LEI DO BANCO DE TERRAS coa finalidade de informar ós veciños do muncipio desta importante normativa.

O acto levarase a cabo o xoves, 12 de abril ás 6 da tarde no antigo local de Caixa Galicia de Gontán.

A charla será impartida por técnicos da Consellería do Medio Rural e o Xefe de Servizo de Estruturas Agrarias.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>

Resultados 113 - 126 de 138
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin