Inicio
xoves, 09 febreiro 2012
Abadín es tradición, arte, futuro pero también está en un entorno natural privilegiado. 
EXPOGRELO 2012
mércores, 01 febreiro 2012
1328091807_Cartel Expogrelo 2012.jpg
 
ENTROIDO 2012
martes, 31 xaneiro 2012
1328016809_Cartel Entroido 2012.jpg
 
REIS MAGOS DE ORIENTE 2012
luns, 09 xaneiro 2012

1326114000_Reis Magos de Oriente 2012.jpgUn ano máis os Reis Magos de Oriente achegáronse ata Abadín para visitar a todos os nenos e nenas. O pasado xoves ás 5 da tarde chegaba a Cabalgata ata o Polideportivo Municipal despois de facer un percorrido por Gontán, incluida unha visita ós maiores do Centro de Día.

Unha vez no Polideportivo, os Reis recibiron ós máis pequenos que aproveitaron os últimos intres para recordarlle as súas peticións ás Súas Maxestades para a noite máis máxica do ano. Despois desta recepción oficial os nenos xogaron cun anticipo de agasallos e disfrutaron con inchables e do chocolate con churros que tiñan preparados. Unha vez finalizada a Cabalgata os nenos e nenas abadinenses retiráronse para as súas casas á espera de que os seus sonos se facesen realidade na mañá seguinte.

 
FEIRA SANTOS 2011
luns, 07 novembro 2011

1320760030_Feira Santos 2011.jpgUn ano máis celebrouse a bicentenaria Feira de Santos na praza da feira de Gontán. A xornada estivo caracterizada pola importante afluencia de xente e do número de postos de venta a pesar da cambiante climatoloxía.

 

O Concello de Abadín segue a apostar polas feiras tradicionais como ben puideron comprobar os visitantes á Feira de Santos xa que puideron ver os recén estrenados “stands” de madeira que formarán parte, a partir de agora, do mobiliario da nave acristalada, así como, o cerramento de madeira da nave de gando.

 

A hora punta da xornada volveuse a producir a partir das 14:00 h. coa entrega de premios ós gandeiros que trouxeron o mellor gando bovino e equino.

 

Esta xornada, onde se mezcla perfectamente a tradición e o comercio, pechouse á noite coa actuación festiva amenizada por unha orquesta musical.

 
FEIRA DE SANTOS 2011
venres, 04 novembro 2011
1319211865_Feira de Santos 2011.JPG 
 
TARDE/NOITE DE MONÓLOGO
mércores, 26 outubro 2011
1319631610_monologo abadin.JPG 
 
XANTAR POPULAR
luns, 19 setembro 2011

1316536578_Xantar popular Abadin.jpgO pasado sábado 17 de setembro tivo lugar un xantar popular organizado polo Concello de Abadín. Centos de abadinenses acudiron área recreativa de A Roxica, en Gontán, a disfrutar dunha exquisita paella de marisco, un sabroso lacón en salsa e, como postre, requesón fresco. Este encontro permitiu ós comensais poder ollar en primeira persoa unha área recreativa recentemente remodelada xa que actualmente pódense atopar espazos diferenciados para a práctica do deporte, zona de xogos para os máis pequenos e novas zonas onde poder pasear e tomar unha merenda.

 

A xornada estivo amenizada polo dúo musical Los Satélites que foi do agrado dos alí presentes que se animaron a bailar unhas pezas musicais.
 
Invitámoste a coñecer SISCON
xoves, 15 setembro 2011

Invitámoste a coñecer SISCON, o novo sistema de consultas electrónicas on-line que Inludes - Deputación Provincial de Lugo, en colaboración co Concello de Abadín, pon á túa disposición para que participes de forma activa na toma das decisións que che afectan como cidadán/a.

Con axuda das novas tecnoloxías, e a través desta plataforma, poderás colaborar co Concello de Abadín opinando sobre numerosas cuestións de carácter público.

A túa opinión interesa porque importa á hora de decidir que políticas públicas son para ti as prioritarias e cales crees que son as actuacións máis necesarias e urxentes.

Participa en SISCON, cóntanos que opinas e axúdanos a mellorar os espazos que compartimos contigo PORQUE AGORA TI TAMEN DECIDES!

http://siscon-abadin.parnettic.eu/es  

 
MARATÓN FÚTBOL SALA ABADÍN 2011
martes, 19 xullo 2011
1310113597_Cartel maraton Abadin 2011.jpg 
 
BAIXADA DE CARRILANAS 2011
luns, 18 xullo 2011

1311093701_Carrilanas 2011.jpgUn ano máis tivo lugar a Baixada de Carrilanas en Abadín organizada pola Asociación de Baixada de Carrilanas “A Corda” e o Concello de Abadín. A esta exitosa 10ª edición celebrada o pasado sábado, puntuable para o Campionato Galaico-Portugués, inscribíronse un total de 44 carrilanas provintes, incluso, máis alá da fronteira galega. A tarde de emocións culminou coa entrega dos premios ós máis veloces e a aqueles de maior orixinalidade e mellor deseño.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>

Resultados 1 - 14 de 138
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
SISCON. Sistema de consultas electrónicas. Plataforma de participación cidadá. SIsms. Sistema de mensaxería.
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
O tempo
Descubre que tempo vai facer no Concello
Teléfonos
Casa do Concello 982508021 - Farmacia Abadín 982508319 - Centro de Saúde 982508072 - Garda Civil 982508011
© Concello de Abadin